Rent Galicia Inmobiliaria nace en Rianxo en maio de 2015 como unha idea de colaboración entre SATRESA, Administradora de Leiras e a propia Rent Galicia Inmobiliaria.
A súa actividade principal céntrase na xestión integral en compra-venda de inmobles e terreos, así como na xestión e intermediación nos alugueiros de vivendas e locais comerciais. O seu ámbito de negocio céntrase principalmente na zona de Rianxo e Boiro, tendo carteira tamén noutras zonas do Barbanza, Ames, Catoira, Santiago de Compostela… O alugueiro vacacional no Barbanza é unha das súas bazas máis importantes, sendo este un mercado en auxe nestes momentos.